Estratexia

A Estratexia de Turismo do xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño pretende dar resposta ao proceso de planificación territorial estipulado na Estratexia de Turismo de Galicia 2020 e outorgarlle ao xeodestino o papel de catalizador do desenvolvemento turístico do territorio.

Obxectivo final

impulsar a competitividade do xeodestino e converterse no instrumento de referencia na planificación turística do territorio e no desenvolvemento de produtos turísticos de calidade baseados nos recursos, a identidade e a tradición, a través dun sistema artellado que incorpore todos os axentes da cadea de valor.

Obxectivos específicos

0101

calidade turística

Mellorar a calidade da experiencia turística do visitante

0202

sustentable

Promover a imaxe do xeodestino como destino sustentable

0303

promoción e comunicación

Definir unha estratexia de promoción e comunicación da oferta turística

0404

Dar a coñecer

Coñecer de forma integrada e sistematizada a realidade existente: produtos, rutas, stakeholders, proxectos en marcha…

0505

prioridades

Establecer prioridades, marcar directrices e definir os obxectivos básicos para poder afrontar os principais retos de futuro