Xeodestino
Ría de Vigo e Baixo Miño

A Estratexia de Turismo do xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño pretende impulsar a competitividade do xeodestino e converterse no instrumento de referencia na planificación turística do territorio e no desenvolvemento de produtos turísticos de calidade baseados nos recursos, a identidade e a tradición, a través dun sistema artellado que incorpore todos os axentes da cadea de valor.

O xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño está formado por 14 concellos: A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui.

Image
transparente

Análise e investigacións

Uso de diversas fontes de información para unha primeira análise do territorio desde o punto de vista da oferta e a demanda

transparente

Avaliación e diagnose do sector turístico

Posta en marcha dun proceso de participación no que teñen cabida todos os grupos de interese do territorio, co obxectivo de obter unha óptima radiografía do sector

transparente

Estratexias básicas

Coa diagnose como punto de partida, defínese a folla de ruta a seguir cun claro enfoque de creación de produto

transparente

Plan de acción

Definición dun programa de actuacións que pivota sobre a creación de produtos diferenciados e cun claro compoñente de cohesión territorial

transparente

Presentación da estratexia

Posta en coñecemento do sector turístico e da poboación local

Últimas descargas